NORMATIVA XERAL 4 PAVILLÓNS FDG A CORUÑA (ELVIÑA II, AGRA II, MONTEALTO E MONTE DAS MOAS)
01. O acceso e permanencia nas pistas deportivas estará restrinxido ás persoas deportistas, equipo arbitral e equipo técnico que vaian a utilizar a instalación, previa autorización pola Fundación Deporte Galego trala correspondente confirmación de reserva.
02. Os acompañantes deberán permanecer nas gradas das instalacións sen posibilidade de acceso a pistas e vestiario.
03. A apertura de gradas entre semana implicará únicamente actuacións ou eventos oficiais previamente autorizados pola Fundación Deporte Galego.
04. Cando se realicen actividades por menores menores de idade, será obrigatoria a presencia dun monitor ou responsable maior de idade para que controle as mesmas, sendo este o responsable de velar polo cumprimento das normas.
05. Todo o material deportivo usado deberá ser recollido no lugar asignado.
06. Quedan prohibidos os xogos molestos ou perigosos por motivos de convivencia con outros usuarios/as.
07. Os medios de comunicación terán acceso ás instalacións deportivas sen autorización para dar cobertura informativa a espectáculos públicos e competicións deportivas que estean programados nos centros, sempre e cando reúnan todas as circunstancias seguintes :
7.1 Non interfira no funcionamento normal do centro. 7.2 Non afecte ao horario de apertura e peche. 7.3 Non afecte á intimidade das persoas, sempre que se trate de grabacións xerais. No caso contrario, deberán contar cunha autorización expresa das persoas que vaian a ser gravadas ou entrevistadas. 7.4 No se teñan producido sucesos nos que poida verse afectada seriamente a seguridade, a intimidade das persoas ou a seguridade do edificio.
NORMATIVA RELATIVA AO CONSUMO DE TABACO, ALIMENTOS, BEBIDAS E OS SEUS ENVASES:
Prohíbese consumir no interior da instalación: 01. Bebidas alcohólicas e tabaco. 02. Consumir alimentos cando estos produzan desperdicios no terreo de xogo. 03. Comida, salvo en aquelas actividades nas que se autorice expresamente e nos espazos destinados para elo. 04. Os productos dispoñibles nas máquinas expendedoras, salvo que sexan consumidos nas zonas ocupadas por ditas máquinas, a excepción de bebidas embotellas en recipientes de plástico. 05. Calquera sustancia ilegal.
DEREITOS DAS PERSOAS USUARIAS
01. Poder utilizar as instalacións deportivas, espazos complementarios como aseos, vestiarios, duchas, mobiliario e no seu caso, material deportivo que se atoparán nas conidicións adecuadas de uso.
02. Ser tratados con educación e respecto polo persoal que presta os seus servizos nas instalacións deportivas e solicitar en calquera momento a súa identificación.
03. Ser informado sobre as condicións de uso das instalacións, así como sobre os horarios, prezos e programas deportivos ofrecidos nelas.
04. Poder presentar por escrito as queixas, reclamacións ou suxestións que estimen convintes.
05. Calquera outro dereito recoñecido na lexislación vixente.
OBRIGAS DAS PERSOAS USUARIAS
01. Respectar as normas xerais establecidas nesta normativa ou as específicas que rixan a actividade ou uso do espazo deportivo e, no seu caso, das instruccións dadas polo persoal da instalación, responsabilizándose de calquera dano que causen nas mesmas.
02. Gardar o debido respecto polos demais usuarios e o persoal das instalacións deportivas.
03. Acceder á instalación para a realización da actividade coa indumentaria deportiva adecuada, especialmente de calzado idóneo para cada un dos distintos pavimentos.
04. Evitar a realización de actuacións que contraveñan as normas xerais de convivencia ou da presente normativa. No caso contrario ou ante o feito de non atender as indicacións dos responsables das instalacións, poderán ser inmediatemante expulsados por estos das instalacións.
05. Calquera outra obriga establecida na lexislación vixente ou na presente normativa.
RESPONSABILIDADES DAS PERSOAS USUARIAS
As persoas usuarias serán responsables dos:
01. Accidentes ou desperfectos derivados do incumprimento da presente normativa.
02. Malos usos das instalacións, equipamentos e servizos.
03. Coidados dos seus obxectos personais, non responsabilizando nin á empresa prestataria do servizo de control e limpeza, nin á Fundación Deporte Galego, da perda ou sustración de prendas e demais obxectos pertencentes ás persoas usuarias que se produzan nas instalacións deportivas.
04. Danos ocasionados nos espazos deportivos e demás bens, elementos e material de que dispoñen as instalacións deportivas:
1. Por usuarios/as menores de idade, sendo responsables os pais, titores ou persoas que os teñan baixo a súa custodia. De igual forma se establecerá a responsabilidade respecto das persoas que se encontren incapacitadas.
2. Por parte dos alumnos dos centros escolares, membros de clubs ou calquera outra persoa integrante de asociacións e entidades. Estas entidades serán responsables tamén dos danos persoais que poidan producirse durante o desenvolvemento das actividades deportivas, debendo dispoñer do correspondente seguro de accidentes e responsabilidade civil baixo a súa custodia, quedando a disposición das posibles reparacións ou sancións que poida requirir a Fundación Deporte Galego.
PROHIBICIÓNS XERAIS Non está permitido:
01. Introducir utensilios ou envases de vidro nas instalacións.
02. Acceder ás instalacións con animais, a excepción dos que sirvan de guía a invidentes.
03. Entrar con patíns, monopatíns, bicicletas ou outros vehículos, salvo nos lugares autorizados ou destiñados a tal fin.
04. Xogar con balóns, pelotas ou outros obxectos nos vestiarios, pasillos, zonas comúns, gradas ou outros espazos que non se consideren de uso deportivo ou para tal fin.
05. Utilizar cámaras fotográficas ou de video, incluídos teléfonos móbiles, pda ou outros dispositivos que incorporen dita función en todas as instancias nas que se poida invadir a intimidade das persoas.
06. Captar imaxes en vestiarios, baños e estancias similares.
07. Utilizar as instalacións para impartir clases coa finalidade de obter un beneficio particular ou outras actividades colectivas organizadas sen a previa autorización da Fundación Deporte Galego.
Fundación Deporte Galego. | sonia.martinez.jimenez@xunta.gal | 881 996 590 | Normativa de uso das instalacións | Aviso Legal | deporxest.es